Xurxocob’s Blogue

Semana da ponte (unha semana completa de traballo)

Decembro 3, 2009 · 2 Comentarios

Desde aquí desexarvos boa ponte a tod@s. Eu aproveitarei para recargar as pilas xa que  ese resto da semana preséntase cheo de traballo.

Estas son as datas e os lugares onde podedes atoparme: O mércores estou cun grupo de traballo en Vigo. O xoves, marcho para Cangas para rematar a docencia no Cefore de alí, no que traballaremos un pouco Video e Blogues.

E o  venres e mailo sábado imparto un curso intensivo de encerado dixital para a Cig en Ourense. Venres pola tarde e Sábado todo o día. Así que xa vedes que a axenda bota fumo. Terei que utilizar os meus superpoderes, jeje. Pero despois diso, Nadal e a descansar.


→ 2 ComentariosCategorías: Docencias · Eu digo

Smart Notebook Express

Outubro 14, 2009 · Deixa un comentario

¿Que pasaba ata agora cando preparabas unha actividade do encerado dixital na casa e resultaba que querías vela no teu lugar de traballo nun ordenador que non tiña instalado o programa da pizarra? Pois que ou ben non a vías, ou ben tiñas que instalar todo o programa nese ordenador. Pero a partir de agora eso non será un problema, xa que Smart acaba de lanzar o Notebook Express. Que é iso diredes.

Pois o Notebook Express é unha aplicación online (non hai que instalar nada) que nos permite visualizar e traballar dun xeito sinxelo nun ordenador que non teña o software do encerado dixital.

Aparte de visualizar o documento esta aplicación permítenos:

* Editar texto.

* Usar os rotuladores.

* Seleccionar e mover os obxectos na pantalla.

Hai que dicir que este programa ainda está en fase Beta, o que significa que está en período experimental. A casa Smart indica que se irán engadindo novas funcións a esta aplicación.

Podedes probar o programa pinchando na imaxe:

Notebook Express

→ Deixa un comentarioCategorías: Novidades

Novas tecnoloxias

Outubro 6, 2009 · 3 Comentarios

As novas tecnoloxias están chamando a nosa porta con forza. Esto que estou publicando estou escribindo dende o meu iPod tomando algo nunha terraza. E increible o que avanza a ciencia. Se fai dous días ainda andábamos coas cintas de cassette. Unha aperta amigos dende o ciber espacio.

→ 3 ComentariosCategorías: Eu digo
Tagged:

i tools de Oxford

Setembro 22, 2009 · Deixa un comentario

Gran aportación a que fai Oxford ás novas tecnoloxías en xeral e ao encerado dixital en particular. Presenta este curso un paquete coñecido como itools no que podemos atopar tanto material interactivo xa preparado como tamén algún precociñado en forma de plantilla (template) que modemos adaptar e modificar ao noso antoxo.

É un pack moi recomendable para a asignatura de lingua inglesa. Ademais podemos facer anotación enriba das fichas interactivas que se nos presentan coa comodidade que eso representa para o mestre.

Repito: Moi recomendable e moi ben rematado.

Tedes máis información neste enlace é tamén na parte dereira do blogue no apartado editoriais.

http://www.oupeltpromo.com/interactive/oxford_itools.php

→ Deixa un comentarioCategorías: Novidades

Software que permite o doble toque

Setembro 2, 2009 · Deixa un comentario

Como xa comentei nunha entrada anterior, SmartBoard acaba de lanzar ao mercado unha actualización do software que permite o doble toque. É dicir, con esta mellora serán dous os rapaces que poderán tocar á vez a pantalla, ou escribir, ou facer calquera das cousas que vimos facendo normalmente co Encerado Dixital.

Pero para poder traballar deste xeito é preciso dispor dun Encerado da serie SBD600 xa que os que temos nos nosos centros non se poden acutalizar e convertir neste novo modelo, polo tanto, si estades pensando en mercar un Encerado Dixital comprobade que pertenza ás novas series.

one_to_one_

Aquí tedes un enlace no que podedes atopar algúns exemplos de actividades colaborativas:

http://education.smarttech.com/ste/en-US/Ed+Resource/SMART+Board+Dual+lesson+activities/default.htm

→ Deixa un comentarioCategorías: Novidades

PHOTOFUNIA: Un programa divertido para editar fotos

Agosto 11, 2009 · Deixa un comentario

WWW.PHOTOFUNIA.COM

Esta aplicación online permite xogar coas fotos e facer divertidas montaxes cunha gran facilidade e cun montón de modelos.

Probade e xa veredes como é algo moi entretido e sinxelo.

Aquí vos deixo un exemplo.

PhotoFunia-2000a0f

→ Deixa un comentarioCategorías: Eu digo · Novidades

Novo Senteo adaptado á Ed. Infantil

Xullo 24, 2009 · Deixa un comentario

Smart acaba de lanzar un novo sistema de resposta (Senteo) adaptado aos máis cativos. A diferencia do anterior, este novo sistema resulta moito máis sinxelo xa que conta só con cinco botóns de distintas cores e cada un cun distintivo distinto (círculo, triángulo, cadrado,…) .

Grazas a esto os cativos poden identificar as respostas coas distintas cores, facilitando deste xeito o proceso de resposta. Ademáis, nesta versión non é preciso en rexistrarse para enviar as respostas.

responseLE_productpage_overview_2

→ Deixa un comentarioCategorías: Novidades

Imaxes brillantes

Xuño 4, 2009 · Deixa un comentario

Nesta páxina ademáis de poder atopar un gran catálogo de imaxes simpáticas e orixinais, tamén podedes atopar unha imaxes de disney que brillan como se tivesen purpurina.

Este é o enlace:

http://graphicshunt.com/search/1/disney.htm 

E este é un exemplo:Imaxes purpurina

→ Deixa un comentarioCategorías: Eu digo · Novidades

Xenerador de texto animado para as vosas actividades do Notebook

Maio 24, 2009 · 4 Comentarios

Desde esta páxina web podedes crear títulos animados para poñer nas vosas páxinas do Notebook para darlle un toque máis persoal e a o mesmo tempo facer algo que rompa un pouco os límites marcados polo Software de Smart.

Esta é a páxina e aquí abaixo tedes un pequeno exemplo: http://textanim.com/?lg=sp

 

Para colocalo na vosa páxina do Notebook tedes que descargalo e despois insertalo como imaxe na páxina.

→ 4 ComentariosCategorías: Eu digo · Novidades

Google Littrips

Maio 23, 2009 · Deixa un comentario

Esta é unha nova forma de sacarlle ainda máis partido ao noso querido Google Earth. ¿De que se trata?
Trátase de(a través da ferramenta Google Earth) dibuxar rutas ou viaxes cos que podemos ir explicando vida de personaxes históricos (podemos aplicalo a historia, arte, música,…).
Non é preciso ter coñecemento da linguxe Html, pero si adquirimos unhas nocións básicas podemos personalizar dun xeito moito máis dinámico e didáctico estas etiquetas.

Aquí vos deixo un pequeno manual de como introducir esta linguaxe Html.
Configurar la apariencia del marcador de posición

→ Deixa un comentarioCategorías: Eu digo · Novidades
Tagged: