Google Chrome na pizarra dixital interactiva

Febreiro 11, 2012

Google Chrome facilítanos un montón de aplicacións gratuitas que funcionan realmente ben coa pizarra dixital e das que nos podemos aproveitar. O único que temos que facer é instalar dito navegador no noso ordenador e ir ao Google Chrome Webstore. Dende ahí podemos descargar todas estas aplicacións e tamén contamos cun apartado enfocado ao eido educativo. Para mostra un exemplo:


  A ver que vos parece.


Software libre para traballar con calquera pizarra dixital

Decembro 24, 2011

Este é un software gratuito que xurde coa finalidade de poder utilizalo con calquera pizarra dixital ou ben de traballar cun proxector na aula e utilizar este software a través do ordenador.

Probeino e está  bastante ben: A ver si vos gusta.


Proxecto Newton

Decembro 20, 2011

A semana pasada estiven en Verín impartindo un curso de Moodle, pizarra dixital e Lim nun centro no que xa traballara fai bastantes anos, no Ceip Amaro Refojo. O curso foi moi ben, pero non é ese o tema desta entrada, senón que Ricardo (director do centro) me amosou unha aplicación do Ministerio de Educación chamada “Proyecto Newton” moi interesante.

Utilizando esta ferramenta podemos elaborar casi todos os concursos da televisión que ocupan a carteleira actual, véxase 50 por 15, pasapalabra, agora caigo, ….

O mellor de todo é que podemos crear un formulario coas preguntas e respostas coas que imos facer que os alumnos xoguen convertindo a nosa clase no plató dun destes programas.

De verdade que paga a pena probalo, como, por exemplo, para facer o repaso da lección ao acabar o tema.

Deixo o link para a páxina dos xogos. Só tedes que premer na imaxe.

Proxecto Newton


Libros en 3D: ZooBurst

Novembro 4, 2011

Preséntovos unha nova aplicación que nos permite elaborar libros Pop-up: Os típicos libros que ao abrilos nos sorprenden con imaxes que se elevan sobre as páxinas e que tanto lles gustan aso nenos.

A páxina en cuestión é a seguinte: ZooBurst e con só rexistrarnos podemos comezar a fabricar o noso libro 3D. 

Na versión gratuita temos a posibilidade de engadir imaxes e texto en forma de bocadillos e, na forma de pago(10$ mes) podemos incluso engadir son en forma de efectos, animacións e gravacións feitas por nos.

Anímovos a probalo, xa veredes como vos gusta.

Un saúdo.


De volta por aquí

Setembro 20, 2011

Xa comezou o novo curso. Este ano estou destinado en Chancelas, un colexio moi preto de Pontevedra. Ademáis disto teño que visitar outro centro e duas escolas de infantil máis. Un despropósito o que o goberno está facendo, pero parece ser que é o que nos queda (de momento).

Tamén comencei os cursos de pizarra dixital, cunha sesión para a editorial Oxford no San José de Cluny de Vigo e outro curso no Ceip Don Bosco, tamén de Vigo, este último relacionado co proxecto Abalar e que terá unha duración de cateo sesións. En canto a novidades da pizarra dixital, dicir que existe nestes momentos unha actualización do software que permite introducir varia melloras, como son a inclusión na barra de ferramentas da pluma estilográfica: Unha ferramenta que permite unha escritura moito máis nítida e clara que o rotulador. 

Tamén podemos lanzar obxectos pola pizarra empurrandoos coa man. Deixovos aquí o listado das melloras que esta actualización nos facilita:

Características del nuevo software SMART Notebook 10.7

Experiencia multitoque* – Permite a dos usuarios interactuar con contenidos digitales de forma simultánea, sin la necesidad de una herramienta especial o seleccionar el modo multitoque.

Interacción de estilo libre* – Permite a dos usuarios trabajar juntos en la misma lección de SMART Notebook, realizando tareas diferentes en cualquier parte de la superficie de la pizarra digital interactiva.

Gestos táctiles* – Acepta los gestos multitoque más comunes, incluyendo los gestos de uno y dos dedos como pellizcar, zoom y lanzar.

Reconocimiento de objetos* – Distingue entre dedo, rotulador, puño, borrador o cualquier otro objeto, reconociendo qué acción está realizando y respondiendo de forma adecuada, lo que requiere menos clics para realizar varias tareas.

Pluma estilográfica – Seleccionando el botón pluma estilográfica en el software SMART Notebook 10.7, se escribirá automáticamente en líneas regulares y estilizadas.

Tinta SMART – Usa un algoritmo de suavizado de tinta para que la escritura de mano sea más suave y refinada.

Tutoriales del software SMART Notebook – Proporcionan una visión global de las características y herramientas disponibles a través de la página Ayuda.

Integración de productos SMART – Se integra sin problemas en la mayoría de los productos y programas de SMART, incluyendo la serie de pizarras digitales interactivas SMART Board 600 y SMART Board 800.

* Solamente la serie de pizarra digital interactiva SMART Board 800.


Outra páxina interesante con actividades aplicables á Pdi

Xuño 5, 2011

Nesta páxina que engado podedes atopar un montón de actividades subceptibles de ser utilizadas coa Pizarra Dixital. Están clasificadas según os obxectivos que queremos traballar polo que resulta moi cómoda.

Foi unha aportación de Rosa Varela á que desde aquí lle dou as gracias. Espero que vos guste.


Un par de sitios para facer cousiñas divertidas

Abril 13, 2011

Como digo no titular, estes dous sitios son moi divertidos. Un deles é para facer presentacións de fotos e no outro podemos atopar un montón de ferramentas para facer textos simpáticos, modificar imaxes,….

Kizoa

Webfetti