Traballo coa P.D.I na escola de Ed. Infantil Tremoedo

Novembro 16, 2011

Curso Pfac Cra Antía Cal

Decembro 17, 2010

Claustro Antía Cal nas Meninas

Visita esta semana do Cra Antía Cal para dar un curso de novas tecnoloxías tendo como tema principal o arte. Traballamos edición de foto, pizarra dixital e un pouco de Lim. Un claustro moi agradable cunha directora que nos regalou os oidos coa interpretación dunha canción increible. Un saúdo a todos.


Fin das xornadas Abalar

Decembro 2, 2010

Hoxe rematei as sesións de docencia do proxecto Abalar. O resultado bastante bo, ainda que, como xa dixen anteriormente, moi pouco tempo e, polo tanto, o contido moi condensado. Ás veces non sabía si os compañeiros asistentes ás docencias estaban perdidos, aturdidos, asombrados,… unha sensación difícil de explicar. Supoño que lles chamou a atención as posibilidades que nos permite a pizarra dixital. Desde aquí recordar que si algún dos asistentes aos cursos necesita axuda tedes na parte dereita do blog a miña dirección de correo e tamén animarvos a todos a seguir loitando.

Un saúdo.


Proxecto Abalar

Novembro 21, 2010

Comezo mañá das xornadas de pizarra dixital para o proxecto Abalar. Sesións curtas (2 horas) en diferentes lugares de Pontevedra e Ourense.  O tempo non dará lugar a extensas explicacións nin prácticas pero intentarei facer que as sesións sexan o máis intensas posible para poder resolver, deste xeito, a maioría das dúbidas que se lles presenten aos asistentes.

Esta semana Vigo mañá e o mércores, e o xoves Tui e a vindeira semana luns e mércores en Ourense e o martes no Barco de Valdeorras.


Curso da Cig

Outubro 1, 2010

Un ano máis estiven participando como relator nas Xornadas de Verán organizadas pola Cig. Tocoume impartir un curso sobre encerado dixital para o profesorado de secundaria no IES Manuel Antonio de Vigo.

Como resumo só dicir que o curso resultou moi ben, xa que as instalacións eran as axeitadas e a xente que acudiu estivo implicada, interesada e moi participativa en todo momento.

Polo tanto un bo comezo de curso, este ano que parece que os recortes tamén van a afectar á formación de todos nos.

Aproveito para enviarvos a todos aqueles que visitades este blog de vez en cando unha forte aperta e desexarvos un bo comezo de curso.

Xurxo.


Docencia Oxford en Gijón

Xuño 29, 2010

Luns, 28 de Xuño. Docencia en Gijón organizada pola editorial Oxford no centro San Vicente de Paúl. Toma de contacto cunha pizarra coa que non estou moi afeito a traballar (Hitachi), pero a sensación unha vez rematado o curso foi moi satisfactoria e a xente asistente comprobou as posibilidades que presenta esta nova ferramenta dixital.

Tamén encantado coa cidade (que non coñecía) muy bonita, cun aspecto similar ao da Coruña. Polo tanto, experiencia moi positiva. En canto ás pizarras, existe unha gran diferencia entre aquelas táctiles (Smart) e as electromágneticas (Hitachi, Promethean,….).

Sin lugar a dúbidas decántome polas primeiras xa que a funcionalidade de traballar coa man supera con creces o feito de ter que utilizar un lápiz magnético.




Mércores Ceip Balaidos

Xuño 9, 2010

Hoxe remato as docencias por este ano e fagoo no Ceip Balaidos (Vigo) cun curso sobre pizarra dixital para os dinamizadores Tic de secundaria de 6 a 9. A ver que tal se nos da a tarde.