Poñer Vídeo na pizarra dixital

Febreiro 5, 2013

Ata agora para poñer un vídeo na pizarra dixital dentro dunha páxina tiñamos que descargalo en formato Flash e despois inserilo. Pero fai pouco tempo saíu un artiluxio que funciona moi ben e que nos permite con só copiar o código do vídeo de Youtube o de calquera plataforma de almacenaxe, poñelo nunha páxina da pizarra. 

E non só iso, senón que tamén podemos inserir calquera tipo de documento do que poidamos obter o código para embebelo.

Este artiluxio chámase Voki Avatar. Podedes descargalo no artiluxio Box na parte dereita do meu Blog.


Google Littrips

Maio 23, 2009

Esta é unha nova forma de sacarlle ainda máis partido ao noso querido Google Earth. ¿De que se trata?
Trátase de(a través da ferramenta Google Earth) dibuxar rutas ou viaxes cos que podemos ir explicando vida de personaxes históricos (podemos aplicalo a historia, arte, música,…).
Non é preciso ter coñecemento da linguxe Html, pero si adquirimos unhas nocións básicas podemos personalizar dun xeito moito máis dinámico e didáctico estas etiquetas.

Aquí vos deixo un pequeno manual de como introducir esta linguaxe Html.
Configurar la apariencia del marcador de posición


Fartos de Youtube???

Marzo 16, 2009

Agora temos unha resposta aqueles que queriamos ter unha web onde so se poidesen atopar videos relacionados coa educación.

Este sitio é, atención ao nome. WWW.TEACHERTUBE.COM

Aquí tedes videos interesantes, lástima que a participación en na lingua de Cervantes sexa ainda escasa.


Visita o museo do Prado

Febreiro 8, 2009

Con Google Earth xa é posible visitar o museo do Prado e ademáis contemplar algunha das súas obras máis representativas.

Para facelo tedes que facer o seguinte:

1º Ter instalado Google Earth ou se non descargalo xa que é un programa gratuito. Tedes un enlace á vosa dereita.

2º Abrir Google Earth clicando na icona do noso escritorio.

3º Activar a casilla que dice edificios en 3 dimensións.

4º E por último buscar o museo do Prado e alí xa aparecerán as obras de arte.

Podedes veo o video Abaixo á Dereita