Problemas de incompatibilidade entre o Notebook e a última actualización de Flash

Decembro 3, 2013

Problemas en Smart Notebook y Adobe Flash Player 11.9.x

Atención a todos os usuarios do Software Smart Notebook, non actualicedes á Adobe 11.9x
O control Active X Adobe requerido en Notebook para mostrar funcións de Flash e o Kit de ferramentas de actividades Lesson Activity Toolkit non funcionará coa última actualización de Adobe.
Si xa actualizástedes tedes que seguir estes pasos para solucionar o problema:

Síntomas:

Obxectos como o dado e outras actividades do Lesson Activity Toolkit ou non se cargan ou se cargan pero non permiten interactuar con eles.

Solución:
Temos que volver á versión anterior, é decir, baixar da versión Adobe Flash Player 11.9.x á 11.8.x
ou anterior.

Importante:
Utilizando o navegador Internet Explorer para todas as descargas deste procedimento. Ao completar cada unha das instalacións no procedimento seguinte, Adobe pídelle que elixa un método de actualización. Tedes que elexir Notificar para instalar actualizacións ou Non Buscar actualizacións automáticas para garantir que non se actualice automáticamente á versión 11.9.x
Utilizar el navegador Internet Explorer para todas las descargas de este procedimiento.

Para baixar a versión de Adobe Flash Player:
Utilizando Internet Explorer, descargar o Adobe Flash Player Uninstaller. Pechar todas as aplicacións e executar Adobe Flash Player Uninstalller. 
Unha vez executado reinicia o equipo.

Utilizando Internet Explorer, descarga e executa Adobe Flash ActiveX 11.8.800.168
Utilizando Internet Explorer, descarga e executa Adobe Flash Player Plugin 11.8.800.168.
Reinicia o equipo.
Inicia o software SMART Notebook

Os obxectos Adobe Flash Player funcionarán ahora como se espera.


Plantilla de deberes

Marzo 13, 2013

Aquí vos deixo unha plantilla coa que podedes practicar as distintas ferramentas da pizarra dixital interactiva elaborando páxinas.

Plantilla deberes


Ensino Móbil

Febreiro 5, 2013

Últimamente me preguntan moito nos cursos que imparto si é posible traballar coa pizarra dixital a través dun dispositivo móbil (tablet, Smartphone,…) 

Investigando un pouquiño sobre o tema vemos que temos distintas posibilidades. Smart facilítanos unha aplicación para Ipad a través da cal podemos abrir, editar e crear documentos feitos co Notebook. Ademáis disto o Ipad ten a posibilidade de conectarse ao Proxector co que podemos manexar a Pizarra Dixital desde él. 

Outra posibilidade é optar por unha das aplicacións de control remoto que nos permite manexar o ordenador desde a nosa Tablet.

Para facelo hai moitas destas aplicacións. “Aquí” vos deixo un enlace con algunha delas.

Así que xa saberes, si optdes pola mobilidade dunha tablet estas son algunhas das posibilidades.

Imaxe


Poñer Vídeo na pizarra dixital

Febreiro 5, 2013

Ata agora para poñer un vídeo na pizarra dixital dentro dunha páxina tiñamos que descargalo en formato Flash e despois inserilo. Pero fai pouco tempo saíu un artiluxio que funciona moi ben e que nos permite con só copiar o código do vídeo de Youtube o de calquera plataforma de almacenaxe, poñelo nunha páxina da pizarra. 

E non só iso, senón que tamén podemos inserir calquera tipo de documento do que poidamos obter o código para embebelo.

Este artiluxio chámase Voki Avatar. Podedes descargalo no artiluxio Box na parte dereita do meu Blog.


Cut the Rope

Xuño 21, 2012

Un xogo co que podemos practicar multitude de cousas cos nenos, dende xestos, estratexia, movementos, física,…


Google Chrome na pizarra dixital interactiva

Febreiro 11, 2012

Google Chrome facilítanos un montón de aplicacións gratuitas que funcionan realmente ben coa pizarra dixital e das que nos podemos aproveitar. O único que temos que facer é instalar dito navegador no noso ordenador e ir ao Google Chrome Webstore. Dende ahí podemos descargar todas estas aplicacións e tamén contamos cun apartado enfocado ao eido educativo. Para mostra un exemplo:


  A ver que vos parece.


Software libre para traballar con calquera pizarra dixital

Decembro 24, 2011

Este é un software gratuito que xurde coa finalidade de poder utilizalo con calquera pizarra dixital ou ben de traballar cun proxector na aula e utilizar este software a través do ordenador.

Probeino e está  bastante ben: A ver si vos gusta.