Vacacións

Verán, descanso, vacacións. Despois dun ano bastante duro de docencias e demais chega o momento de relaxarse e de disfrutar. Este 2010/2011 foi un curso moi bo en canto a traballo polo que sempre hai que estar agradecido vendo os tempos que corren. Ademais, foi un ano completo xa que toquei moitas áreas distintas de docencia o que fixo que mellorase en aspectos que, non podo decir que 0s tivese olvidados, pero si un pouco máis de lado.

Aparte de continuar o traballo coa miña querida pizarra dixital abordei aspectos como as redes sociais aplicadas á educación, a edición de audio e de video, os xa de sobra coñecidos blogs, miniblogs, wikis,… e tamén toquei un pouco o tema dos podcasts. 

Como vedes un amplo espectro de posibilidades didácticas que os compañeiros van incorporando pouco a pouco nas suas rutinas de aula diarias.

Tamén estiven colaborando co proxecto Abalar o que me fixo vivir un pouco máis de preto os problemas e as dúbidas que surxiron coa sua implantación. Os tira e afloxa de uns (mestres) e outros (administración) para ao final, na miña opinión, facer entre todos un gran esforzo porque esta iniciativa saise adiante.

Nada máis. Agora toca descansar ainda que sin olvidarse do traballo. A miña tarefa para este verán é rematar o libro que estou a escribir relacionado co mundo da pizarra dixital aplicada á educación. 

Un saúdo a todos/as os que ledes este blog e espero que pasedes un feliz verán.

Xurxo

Advertisements

2 Responses to Vacacións

  1. Un libro sobre pizarra dixital!!!!Oh “mai gad”Quero un con dedicatoria! Xa vexo que te espera un verán movidiño. Foi un “lujazo” terte este ano de compañeiro no noso cole.Moita sorte.
    Rosa

    • xurxo di:

      Moitísimas grazas Rosa, por TODOO. Para min foi unha sorte estar nese cole con vos. Non te preocupes que en canto teña o libro rematado xa aviso para a súa presentación e o primeiro será para ti. Un bico enorme e moitísimas grazas de novo.
      Espero que pases un moi feliz verán..,
      Bico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: