Miniblogs

Estamos hoxe en día moi afeitos a publicar contidos na rede en distintas plataformas, dende entradas en Blogger, WordPress, Nireblog,…, actualizacións de estado en Facebook, Twitter, etc…, subidas de vídeos a youtube, teachertube, schooltube,… pero unha opción que temos tamén e que non está moi en uso é a de facer un MIniblog. Estas plataformas teñen os beneficios dos Blogs tradicionais e ademáis incorporan en certo modo as vantaxes das redes sociais debido á súa facilidade de actualización:

Algunhas das plataformas máis utilizadas para elaborar miniblogs son os seguintes:


1.- Tumblr: É a plataforma de microblogging por excelencia. Podemos publicar todo tipo de contido, texto, imaxes, vídeos, enlaces, fragmentos de chat ou citas textuais que se poden subir en segundos grazas ó seu escritorio moi intuitivo. Unha das vantaxes de Tumblr é a cola de publicacións, xa que podemos preparar unha entrada e programar o momento no que queremos que sexa publicada.

2.- Posterous: Principal competencia para Tumblr. Ten unha apariencia máis similar á dos blogs, por exemplo, tamén podes crear páxinas fixas. Ademáis con esta plataforme é moi sinxelo traballar dun xeito colaborativo.

3.- Soup.io: Máxima simpleza para publicar, máis ainda qeu Tumblr. Engade, ademáis de poder publicar todo tipo de material multimedia a posibilidade de subir ficheiros de ata 10 megas.

4.- Publr: Ainda que non destaque en nada respecto aos anteriores, é outra plataforma se queres publicar e non queres complicarte a vida.

5.- Gelato CMS: As anteriores plataformas veñen instaladas en servidores externos e esta permítenos instalarla no noso propio servidor. Esta é a principal difierencia.

Advertisements

2 Responses to Miniblogs

  1. Rosa Varela di:

    E para cando a plataforma que se actualiza en soños????…Con tanto “xoguetiño virtual” non nos van chegar as horas do día. Thanks Xurxo. Gústame o “gelato” máis que o “soup”, polo menos é máis refrescante . Rosa

    • xurxo di:

      Jajaja. Esa ainda está por chegar pero non creo que tarde demasiado. Dentro de pouco imos a volvernos tolos con tanto cacharro novo. jaja

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: