Casi rematando

Maio 24, 2010

Xa casi non queda nada para rematar o ano de docencias. Esta semana dúas sesións. Hoxe no Ceip Igrexa-Chapela para dar os últimos retoques aos blogs e o mércores no Cefore de Verín para dar por concluído o curso de 15 horas sobre o encerado dixital.

Despois desto xa só me queda unha sesión no mes de Xuño (o día 9) cos coordinadores Tic dos centros de secundaria. Agora é cando se necesita máis enerxía que nunca para afrontar estes últimos retos.