A semana pasada estiven en Verín impartindo un curso de Moodle, pizarra dixital e Lim nun centro no que xa traballara fai bastantes anos, no Ceip Amaro Refojo. O curso foi moi ben, pero non é ese o tema desta entrada, senón que Ricardo (director do centro) me amosou unha aplicación do Ministerio de Educación chamada “Proyecto Newton” moi interesante.
Utilizando esta ferramenta podemos elaborar casi todos os concursos da televisión que ocupan a carteleira actual, véxase 50 por 15, pasapalabra, agora caigo, ….
O mellor de todo é que podemos crear un formulario coas preguntas e respostas coas que imos facer que os alumnos xoguen convertindo a nosa clase no plató dun destes programas.
De verdade que paga a pena probalo, como, por exemplo, para facer o repaso da lección ao acabar o tema.
Deixo o link para a páxina dos xogos. Só tedes que premer na imaxe.
Esta entrada foi publicada o Martes, 20 Decembro 2011 ás 21:04 e está arquivada en Novidades. Podes seguir as respostas a esta entrada mediante o feed RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou un trackback desde o teu sitio web.